Polas circunstancias especiais que nestos momentos estamos a vivir as familias e a escola, iremos subindo neste blog as actividades que poderedes facer dende o próximo lunes día 16 de marzo. Non queremos saturarvos de traballo, pero sí que teñades unha rutina diaria para que podades continuar aprendendo inglés.
Sabemos que non estades afeitos a esta metodoloxía e por iso iremos pouco a pouco.O noso consello é que planifiquedes un ratiño, dous ou tres días á semana. O ritmo de aprendizaxe poñédelo vós, pero o noso consello é que tentedes ser organizados e planifiquedes un horario de traballo diario. Iso será moi bo para vós e as vosas familias.
Dende agora deberedes ir aprendendo a utilizar a formación online como unha ferramenta de aprendizaxe máis que vos acompañará durante a vosa vida académica e laboral.
Se queredes contactar con nos poderedes facelo a través dos comentarios neste blog.
Estaremos aquí para axudarvos no que necesitedes.
Moito ánimo e toca quedar na casa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario