domingo, 14 de junio de 2020

IT´S TIME TO SAY GOOD BYE

           

Este curso xa se acaba, non foi coma os anteriores nin o remate  tampouco o será. As vosas  teachers, Elena, Bea e Pili, queremos dicirvos que nos sentimos moi afortunadas de tervos por alumnos este ano.

Estamos moi orgullosas de todo o que traballáchedes, especialmente durante estos meses tan duros.

Estamos a uns pasos de despedirnos sen poder darvos unha aperta pero queremos que saibades que foron momentos inesquecibles para nós. Gustaríanos agradecervos todo o que nos destes e demostráchedes.
Gracias tamén ás vosas familias polo esforzó e axuda que vos ofreceron durante estos meses.

Desexamos que todo o que fixemos vos iluminara dalgún xeito o voso camiño e que vos deixara algunha pegada para que a lembredes ao longo das vosas vidas.
Crede en vós mesmos para facervos máis fortes . Enchede os vosos corazóns con sorrisos. Encántanos veros sorrir, non o deixedes de facer nunca.
Sodes unhas persoas únicas, incribles e especiais. Botarémosvos de menos este verán pero estaremos contando os días para  vervos de novo en setembro.
Deixámosvos unha pequena sorpresa aqui. Cada un ten que clicar  no nome da súa teacher para poder imprimila.

                                     ELENA
                                     BEA
                                     PILI

THANK YOU FOR BEING OUR STUDENTS THIS SCHOOL YEAR.
Aos de sexto desexarvos moita sorte nesta nova etapa que empezades. Non vos esquezades de nós. Esperamos as vosas visitas para que nos contedes que tal vos vai.

                                  GOOD LUCK!
               
                    HAVE A WONDERFUL SUMMER !

                          



lunes, 8 de junio de 2020

VÍDEO DE DESPEDIDA DE STEVE

Hoxe o profe Steve mandounos unha mensaxe, para que vos fixeramos chegar o seu agradecemento polos vosos SUPERTEACHERS, e tamén polas vosas mensaxes e cartas.Pediunos que vos subiramos este vídeo que fixo con todo o seu cariño. Se queredes velo clicade AQUI.
                                 
                                  
                                   

SEE YOU SOON STEVE!!
WE WILL MISS YOU!!

                                                    

domingo, 7 de junio de 2020

11th WEEK: TIME CAPSULE (6º)

         Dende a biblioteca se propón como reto (challenge) para estos días a creación dunha cápsula do tempo (time capsule).Se non vos enteráchedes todavía estades a tempo de participar, só tendes que clicar AQUI.
En inglés tamén falaremos sobre a cápsula do tempo de Tara. Primeiro teredes que ver este vídeo para lembrar como se forma o futuro simple en inglés (Ex :I will open my time capsule in 2024= Eu abrirei a  miña cápsula  do tempo no 2024).
       

Agora tócavos:
1. Ler o texto da lectura e traducilo.
2. Contestar as preguntas do exercicio 7.
3. Facer unha cápsula do tempo con contido só   en inglés. Enviar foto.


WE WANT TO SEE YOUR TIME CAPSULES
ENCOURAGE YOU TO MAKE THEM!
HAVE A NICE WEEK!




11th WEEK: PAST SIMPLE (5º)

 Xa queda menos para rematar o curso e estos meses quedarán atrás, quedarán no pasado. Esta semana  repasaremos a formación do pasado simple. Primeiro veredes este vídeo explicativo e logo faredes as dúas fichas seguintes.   

             




HAVE A NICE WEEK!



11th WEEK: PRESENT CONTINUOUS (4º)

          Seguro que xa estades facendo moitas cousas que durante o confinamento non podíades.  Para explicar como se di o que estamos facendo en cada momento temos que aprender a usar o PRESENT CONTINUOUS . Primeiro veremos o vídeo varias veces para entendelo ben. 
               

Agora toca facer esta ficha interactiva. Cando a rematedes non vos olvidades de mandárnola. 


What are they wearing?, una ficha interactiva de barby289
liveworksheets.com


HAVE A NICE WEEK!



11th WEEK: SUMMER ACTIVITIES (3º)

             O verán xa está chegando e para animarnos imos empezar esta semana cantando esta canción. Lembrade que debedes escoitala varias veces e varios días para aprendela.

           
Agora faredes as seguintes fichas para lembrar como se di o nome das diferentes actividades en inglés.
In the summer, una ficha interactiva de mercedes60
liveworksheets.com


Agora os que vos animedes podedes facer un debuxo do verán e escribiredes as actividades que vos gustan facer ( I like...)
 Non vos olvidedes de quitarlle unha foto e mandárnola ao noso correo:
                    englishbreycorner@gmail.com

                              HAVE A NICE WEEK!

11ª WEEK: SEA ANIMALS (2º)

           Seguro que todos estades desexando que chegue o verán. Dende aqui refrescarémosvos un pouquiño repasando os nomes dalgúns animais mariños. Lembrade que si escoitades varias veces as cancións conseguiredes aprendelas e mellorar a vosa pronunciación.

                 

Se queredes máis nomes de animais aprender,  só tendes que clicar AQUI.

Sea animals, una ficha interactiva de rulo
liveworksheets.com



Esta semana ímosvos propoñer un reto (challenge).Faredes  o vosos animal favoritos do mar, pode ser con cartón de ovos, con rolos de papel hixiénico... Botade a voar a vosa imaxinación! Logo teredes que mandar  un vídeo .
 Podedes seguir o exemplo:
  • Hello teacher!
  • I´m ... (Soy...)
  • My favourite sea animal is...
  • It is ...(aqui diríais los colores que tiene, si es BIG or small...)
  • Bye Bye teacher
HAVE A NICE WEEK!


  

11th WEEK:FOOD (1º)

       Nesta semana seguiremos repasando as comidas. Propoñémosvos primeiro ver este vídeo no que aparecen varias cancións para repasar este vocabulario e por último aparece unha pequena historia nun restauarante. Sería interesante que o puiderades ver varias veces para mellorar a vosa pronunciación.  

             


Agora faredes as seguintes fichas interactivas.

Food: Listen and match, an interactive worksheet by raquelgq_edu
liveworksheets.com



Nunha das cancións do vídeo ensínanos como fan unha pizza.Como reto (challenge), animámosvos a que fagades unha cos vosos ingredientes favoritos e nos enviedes unha foto ou vídeo. Pode ser real ou podedes debuxala, facela con plastilina, recortes... Seguro que sodes uns cociñeiros de primeira. Escribiredes arriba:
  
                            My favourite pizza has got...

Non vos esquenzades de mandárnolas ao noso correo:

                            englishbrey@edu.xunta.es

                                         HAVE A NICE WEEK!

                               

11th WEEK:THE VERY HUNGRY CATERPILLAR (E.I)

Esta semana repasaremos o vocabulario da comida. Empezaremos vendo este conto animado que nos fala dunha eiruga moi famenta. Un día convertiuse en....

            
Agora teredes que facer esta ficha interactiva. Se alguén se anima pode facer tamén a súa parte favorita do conto. Non vos esquenzades de mandárnolos ao noso correo:
                     englishbreycorner@gmail.com


lunes, 1 de junio de 2020

10th WEEK: TOO MUCH/ TOO MANY/ ENOUGH (6º)

Nesta semana volveremos a repasar o uso dos nomes contables e incontables en inglés. Se queredes podedes volver repasalos con Steve mirando o vídeo que vos deixaramos AQUI
Aprenderemos tamén a diferencia entre TOO MUCH e TOO MANY polo que vos animamos tamén a ver este vídeo para entendelo mellor.


              

Agora xa estades preparados para facer a seguinte ficha.

Copiaredes e traduciredes o exercicio 2  .

- Hai demasiados tomates= there are too many tomatoes. (Contables)
- Hai demasiado queso= there is too much cheese. (Incontable)
- Hai suficientes............... there are enough........... . (Contables)
- Hai suficiente................... there is enough............  . (Incontables)

No exercicio 3 escribiredes as frases   usando vocabulario do cadro.



HAVE A NICE WEEK!



10th WEEK: MATERIALS (5º)

O día 5 celébrase o Día Mundial da Terra por iso deixámosvos este vídeo donde nos conta que coidar a terra está nas nosas mans.

              

 A semana pasada Steve fíxovos unha presentación sobre os diferentes materiais e as cousas que se poden facer con eles. Para poder vela de novo só tendes que clicar AQUI
Agora teredes que facer esta ficha.  No primeiro exercicio volveredes a repasar os materiais, no segundo aprenderemos a reciclar e no terceiro teredes que ordear as frases.



HAVE A NICE WEEK!