jueves, 23 de diciembre de 2021

MERRY CHRISTMAS

 Dende este recuncho querémosvos dar  as grazas a todas as familias que participáchedes na exposición  de árbores  de Nadal e bonecos de neve . Cada ano vos superades !!!


MERRY CHRISTMAS AND HAPPY NEW YEAR!



martes, 21 de diciembre de 2021

JOY ELF

 O Elfo Joy non parou de facer trasnadas durante estas semanas nas clases de inglés dos máis cativos .

                                                 WE LOVE JOY ELF!


Incluso nos deixou algúns agasallos.
                                 
                                          


lunes, 20 de diciembre de 2021

CHRISTMAS VOCABULARY

 O vocabulario  podemos repasalo de xeitos diferentes. Estos días utilizamos unha ruleta e tamén xogamos con ela ao bingo. Que ben o pasamos!!!



viernes, 17 de diciembre de 2021

CHRISTMAS IN AMERICA

 




Estos días Greg estivo contándonos como celebran eles o Nadal e tamén sobre o seu deporte favorito nesta época, o esquí. Cantas cousas aprendimos!!!

domingo, 12 de diciembre de 2021

RUDPLPH THE RED NOSE REINDEER

Os alumnos e alumnas cantaremos a historia de Rudolph. Aqui deixámosvos este vídeo para poder repasala.

ROCKING AROUND THE CHRISTMAS TREE (5th)

Esta é a canción de Nadal escollida para os alumnos e alumnas de 5º. Este vídeo pode axudarnos para aprendela.

SNOW IS FALLING (6th)

Neste Nadal os alumnos e alumnas de 6th aprenderán esta canción. Deixámosvos este vídeo por se queredes  practicala.

miércoles, 8 de diciembre de 2021

OUR RUTINES

 En terceiro de Primaria, despois de traballar as rutinas, tivemos que facer un proxecto para falar das nosas.




MY SCHOOL BAG

 Estas semanas estivemos repasando o vocabulario relacionado co material escolar e como tarea final tivemos que preparar as nosas mochilas. Deixámosvos unha pequena mostra.


 

sábado, 4 de diciembre de 2021

UNIT 2 : AT THE SPORTS CENTRE (4th)

 Entrade no seguinte enlace que vos axudará a repasar este tema.

https://quizlet.com/240123947/rooftops-4-unit-2-at-the-sports-centre-diagram/


YOU CAN DO IT!!!


martes, 30 de noviembre de 2021

VERB TO BE (4th)

Estos días estamos aprendendo a dicir ser ou estar, utilizando o verbo TO BE. Agora tendes a oportunidade de poñelo en práctica. Non vos esquenzades de envialo ao correo:

                                           englishbreycorner@gmail.com


 




PRESENT SIMPLE I (5th)

Xa sabedes  usar o presente polo que agora toca practicar. 

                                          YOU CAN DO IT!!!


Present simple affirmative

PAST SIMPLE II (6th)


Para que sigades practicando un pouco máis . Non vos esquenzades de mandalo ao correo:
                                      englishbreycorner@gmail.com

viernes, 26 de noviembre de 2021

THANKSGIVING DAY CON GREG

 Este ano, grazas a Greg, puidemos aprender sobre a orixe deste día e como o celebran hoxe en día.

Incluso fixemos unha pequena representación para entendelo mellor.

Os pequenos  disfrutaron tamén facendo un mural .

Como disfrutamos coñecendo os costumes de Greg!!



lunes, 22 de noviembre de 2021

sábado, 20 de noviembre de 2021

domingo, 14 de noviembre de 2021

TRAVELLING AROUND THE WORLD

Durante esta semana estivemos coñecendo diferentes países de fala inglesa. Greg propúxonos investigar sobre estos e logo tivemos que expoñer os nosos traballos aos nosos compañeiros e compañeiras. 

                                          CANTO APRENDIMOS !




viernes, 29 de octubre de 2021

CELEBRACIÓN DE HALLOWEEN





 Durante estos días estivemos recordando a orixe e a celebración  desta festa nas nosas clases, realizamos traballos e manualidades.

Organizamos tamén, como todos os anos, unha exposición de cabazas. Cada ano a participación é maior! Dendee aquí queremos darlle as grazas a todas as familias pola súa colaboración.


APRENDENDO SOBRE HALLOWEEN


Aprendendo con Greg sobre Halloween, sobre como o celebran eles. Incluso ensinounos un baile da súa peli favorita  desta época. 

Canto aprendimos!!! 
 

domingo, 17 de octubre de 2021

REPASO PARA 4º : UNIT 1

Déixovos estas fichas interactivas para os que queirades repasar a primeira unidade. Lembrade envialas a englishbreycorner@gmail.com YOU CAN DO IT!
Rooftops 4: Unit 1 - Write

jueves, 14 de octubre de 2021

COÑECÉNDONOS

Durante estos días Greg  propúxonos introducir cinco obxectos que nos identificaran, para coñecernos mellor  . Tivemos que falar sobre eles e dicir  o porque. Él foi o primeiro en facelo. 

 Grazas por axudarnos a mellorar o noso inglés Greg!!!  

miércoles, 6 de octubre de 2021

WELCOME GREG

Un ano más temos a Greg con oscos. Estamos desexeando seguir compartindo momentos, para seguir coñecendo as tradicións do seu país e seguir mellorando o inglės

domingo, 3 de octubre de 2021

ENGLISH T-SHIRT DAY

Este pasado venres celebramos no noso centro o ENGLISH T-SHIRT DAY. Coa celebración deste día queremos animar tanto ao alumnado, ás familias como ao profesorado, a porse unha camiseta con algunha mensaxe ou palabras en inglés. A intención é facerlles ver como o inglés está máis perto do que pensamos.

domingo, 26 de septiembre de 2021

lunes, 6 de septiembre de 2021

WELCOME BACK TO SCHOOL!

 


Welcome to the 2021/22 academic year. It¨s going to be a great year!
It´s going to be fun, friendly and fascination.

HAPPY NEW SCHOOL YEAR!!

viernes, 14 de mayo de 2021

Creative Arts & Crafts

Na clase de 4º estivemos a traballar con temas mariños a través de diversas actividades; unha das que máis nos gustou foi esta que vos imos amosar: a elaboración dun tarro de cristal decorado con papel de seda. Cánto traballiño nos deu pero mereceu a pena que nos quedou precioso :)

viernes, 26 de marzo de 2021

HAPPY EASTER!

Para desexarvos unhas Felices Pascuas, os cativos e cativas do Ceip Fermín Bouza Brey amósannos esta postal elaborada nas clases de Arts and Crafts. Esperamos que vos guste tanto como a nós. Have nice holidays!

jueves, 18 de febrero de 2021

CARNIVAL TIME


E con esta foto damos por rematado este Entroido 2021 tan atípico, no que dende a materia de Art´s levamos a cabo a elaboración dun antifaz que ten como modelo as nosas mans; logo decorámolo e quedounos xenial. Que ben o pasamos!