lunes, 23 de diciembre de 2019

MERRY CHRISTMAS





Un ano máis querémosvos dar  as grazas a todas as familias que participáchedes na exposición  coas árbores  de Nadal e bonecos de neve . 





lunes, 16 de diciembre de 2019

CHRISTMAS IN USA


Esta semana Steve, o noso auxiliar de conversa, invitounos a viaxar por distintos estados de USA para amosarnos como celebran o Nadal. Partimos de Siattle, onde vive coa súa familia. Coñecimos unha morea de cousas sobre as tradicións que teñen nestas festas.

MOITAS GRAZAS STEVE POR COMPARTIR CON NÓS ESTA VIAXE!!!

viernes, 6 de diciembre de 2019

MAGIC WEEK


Este ano decidimos unirnos ao proxecto da biblioteca sobre a maxia, polo que dende o equipo de inglés organizamos a MAGIC WEEK. Foi unha semana máxica na que nos vestimos de magos e magas e tanto os profes, incluído Steve, como os alumnas e alumnas que quixeron, trouxemos trucos.
Descubrimos que a maxia é unha poderosa ferramenta pedagóxica que nos engancha tanto a adultos como a rapaces e rapazas.


sábado, 30 de noviembre de 2019

THANKSGIVING DAY

Steve, o noso auxiliar de conversa, falounos do Thanksgiving Day., da súa orixe, das comidas típicas e dos costumes dese día. Celébrase o cuarto xoves de novembro. As familias e os amigos se xuntan para comer, momento que aproveitan para dar as grazas polas cousas boas que lles aconteceu durante ese ano.

miércoles, 30 de octubre de 2019

HALLOWEEN PARTY


Un ano máis celebramos a festa de Halloween.Fixemos unha exposición de "PUMPKINS", feitas polos alumnos e alumnas coas súas familias. O último día viñemos disfrazados e  incluso houbo  "TRICK OR TREAT".

lunes, 28 de octubre de 2019

CHESTNUT PARTY


O pasado venres celebramos o magosto e este ano con dúas dúas persoas invitadas, Steve, o noso auxiliar de conversa, e Aimee a súa muller. Disfrutaron compartindo con nós unha das nosas tradicións de outono.

jueves, 17 de octubre de 2019

HALLOWEEN CON STEVE

Esta semana Steve estivo contándonos sobre os costumes do seu país na festividade de Halloween, sobre a súa orixe e como a celebran.

HALLOWEEN IS COMING!!

sábado, 5 de octubre de 2019

WELCOME STEPHEN


Esta semana empezou no noso centro Stephen, o novo auxiliar de conversa. Ven dende Seattle (USA). Encántalle ler, a fotografía e a música clásica. Estaba desexando empezar e axudar aos nosos alumnos e alumnas a mellorar o seu inglés.

WELCOME STEPHEN!!

domingo, 29 de septiembre de 2019

ENGLISH T-SHIRT DAY


Un ano máis celebramos no noso centro o ENGLISH T-SHIRT DAY. Un día no que animamos  tanto ao alumnado, ás familias como ao profesorado, a porse unha camiseta con algunha mensaxe ou palabras en inglés. A intención é facerlles ver como o inglés está máis perto do que pensamos.

jueves, 12 de septiembre de 2019

jueves, 20 de junio de 2019

MOSTRA DE TEATRO EN INGLÉS

Este ano na Mostra de Teatro representamos tamén algunhas das obras en inglés que preparamos nos talleres dos recreos. Dende aquí queremos darlle a noraboa aos nosos artistazos e artistazas.

GOOD JOB KIDS!!!

                              

                             

                             

domingo, 16 de junio de 2019

ÚLTIMOS ENSAIOS CUN INVITADO ESPECIAL

Hoxe tivemos no ensaio un invitado especial , Fran. Leva dende pequeno metido no mundo do teatro. Falamos con él para que viñera a darnos os seus consellos para poder mellorar a nosa escenografía e interpretación.

MOITAS GRAZAS FRAN!!!




jueves, 7 de febrero de 2019

TEATRO EN INGLÉS NOS RECREOS

Este ano, nos recreos, temos en marcha dous talleres de teatro en inglés.É unha boa maneira de aprender un idioma, xa que supón unha ruptura coa rutina, é divertido e pódese contextualízar o vocabulario.  Aqui vos deixamos unhas imaxes de cando se estreou a primeira obra.