martes, 10 de septiembre de 2024

1-2-3-4-5-6-7-8 CHALLENGE

Ola, rapazada!

Esta semana traio un reto que vos vai encantar: o Challenge Rítmico dos Números en Inglés. Trátase de repetir os números do 1 ao 8 en inglés, pero facéndoo ao ritmo que máis vos guste e suprimindo cada vez un número.

Pero ollo! ¡Non é tan doado coma parece! Ata a propia Rosalía probou este reto e comentou que mantelo sen perder o ritmo foi todo un desafío. Así que se ela se atreveu, como non o ides facer vós!
 
Imos ver quen consegue facelo á maior velocidade sen perder a conta.

Anímovos a dalo todo! 

                      

No hay comentarios:

Publicar un comentario