martes, 24 de noviembre de 2020

The little kids working with instruments...

Os nosos nenos e nenas de 3º de Primaria están inicíandose na materia de plástica no coñecemento e na elaboración de instrumentos musicais. Para iso, comezamos con algo de "speaking" para coñecer os seus instrumentos favoritos así como, as súas aficións neste eido. 


O seguinte paso, será a elaboración dunha guitarra con diferentes materias reciclados (paper rolls, elastic bands and boxes). Xa vos amosaremos o noso proceso e o noso resultado, 


We are fantastic artists :)


 

martes, 17 de noviembre de 2020

Wellcome Greg!!

Hoxe tivemos ó novo auxiliar de conversa na clase de Arts and Crafts de 4º e de 3º de Educación Primaria. Chámase Greg e é un rapaz que ven desde os Estados Unidos. O teremos con nós ata o final de xaneiro. Esperemos que lle ensine moitas cousas os nenos e nenas do Fermín Bouza Brey, e que el tamén aprenda moitas cousas de Galicia. Dende aquí dámoslle a nosa benvida. Aquí o vemos na clase de 4º C dando o visto bo a unha tarefa relacionada co universo.




domingo, 14 de junio de 2020

IT´S TIME TO SAY GOOD BYE

           

Este curso xa se acaba, non foi coma os anteriores nin o remate  tampouco o será. As vosas  teachers, Elena, Bea e Pili, queremos dicirvos que nos sentimos moi afortunadas de tervos por alumnos este ano.

Estamos moi orgullosas de todo o que traballáchedes, especialmente durante estos meses tan duros.

Estamos a uns pasos de despedirnos sen poder darvos unha aperta pero queremos que saibades que foron momentos inesquecibles para nós. Gustaríanos agradecervos todo o que nos destes e demostráchedes.
Gracias tamén ás vosas familias polo esforzó e axuda que vos ofreceron durante estos meses.

Desexamos que todo o que fixemos vos iluminara dalgún xeito o voso camiño e que vos deixara algunha pegada para que a lembredes ao longo das vosas vidas.
Crede en vós mesmos para facervos máis fortes . Enchede os vosos corazóns con sorrisos. Encántanos veros sorrir, non o deixedes de facer nunca.
Sodes unhas persoas únicas, incribles e especiais. Botarémosvos de menos este verán pero estaremos contando os días para  vervos de novo en setembro.
Deixámosvos unha pequena sorpresa aqui. Cada un ten que clicar  no nome da súa teacher para poder imprimila.

                                     ELENA
                                     BEA
                                     PILI

THANK YOU FOR BEING OUR STUDENTS THIS SCHOOL YEAR.
Aos de sexto desexarvos moita sorte nesta nova etapa que empezades. Non vos esquezades de nós. Esperamos as vosas visitas para que nos contedes que tal vos vai.

                                  GOOD LUCK!
               
                    HAVE A WONDERFUL SUMMER !

                          



lunes, 8 de junio de 2020

VÍDEO DE DESPEDIDA DE STEVE

Hoxe o profe Steve mandounos unha mensaxe, para que vos fixeramos chegar o seu agradecemento polos vosos SUPERTEACHERS, e tamén polas vosas mensaxes e cartas.Pediunos que vos subiramos este vídeo que fixo con todo o seu cariño. Se queredes velo clicade AQUI.
                                 
                                  
                                   

SEE YOU SOON STEVE!!
WE WILL MISS YOU!!