lunes, 20 de enero de 2025

MARTIN LUTHER KING DAY

Hoxe, a nosa auxiliar Sammie preparounos unha actividade moi especial con motivo do Martin Luther King Day. Comezamos cunha presentación moi interesante, seguida dun pequeno vídeo no que puidemos coñecer mellor a vida de Martin Luther King e o seu impacto na historia. Despois, organizámonos en equipos para participar nun wordwall cheo de preguntas sobre o que aprendemos. Foi unha dinámica divertida e colaborativa na que todos o pasamos xenial! Foi unha excelente maneira de lembrar o seu legado e traballar xuntos ao mesmo tempo. 

E, por suposto, non esquecer nunca cal era o seu soño: que todos sexamos iguais, independentemente da raza, relixión, xénero ou nacionalidade. Unha lección fundamental que Sammie nos axudou a comprender mellor hoxe, e que levaremos con nós sempre.



domingo, 19 de enero de 2025

UNIT 3 : NEED TO (6th)

 Aqui tendes un novo recurso que vos axudará a mellorar o voso inglés. No vídeo que vos recomendo, aprenderedes todo sobre o uso de "need to", unha expresión moi importante para comunicar obrigas e necesidades no día a día.

Non o perdades! É unha excelente oportunidade para reforzar o voso vocabulario e mellorar as vosas habilidades de comunicación. Despois de velo, estarei encantada de escoitar as vosas dúbidas e comentarios!

Accede ao vídeo aquí e comeza a aprender!


                         

Unha vez visto o vídeo, anímovos a facer unha actividade interactiva para practicar o uso de "need to". Cando a rematedes, enviádea ao meu correo para revisar os vosos avances.

UNIT 3 :THERE WAS & THERE WERE (5th)

Hoxe imos revisar o uso de There was e There were! Son moi importantes para mellorar o noso nivel de inglés. Para facelo máis sinxelo, déixovos un vídeo que explica este tema de forma clara e útil.

Aproveitade esta oportunidade para reforzar os coñecementos que xa tedes. Recordade que a práctica constante é fundamental para avanzar!

Ánimo, estades a facer un traballo fantástico!

                     
                        

Despois de visualizalo, poderedes practicar con esta actividade interactiva para verificar se o comprendestes correctamente. Non esquezades enviarma ao meu correo.

UNIT 3: POSSESIVE ADJECTIVES (4th)

Hoxe tócanos repasar os possesive  adjectives! Sabedes que son moi importantes para mellorar o noso inglés. Para que vos sexa máis doado, déixovos aquí un vídeo moi útil que explica este tema de forma sinxela. 

Non perdades esta oportunidade para reforzar o que xa sabedes. Lembrade que practicar é a clave para mellorar!

Ánimo, estades a facer un traballo excelente!

                     
                       

Despois de velo, poderedes practicar con esta ficha interactiva para comprobar se o entendestes ben. Non vos esquenzades de enviarma o meu correo,