domingo, 14 de junio de 2020

IT´S TIME TO SAY GOOD BYE

           

Este curso xa se acaba, non foi coma os anteriores nin o remate  tampouco o será. As vosas  teachers, Elena, Bea e Pili, queremos dicirvos que nos sentimos moi afortunadas de tervos por alumnos este ano.

Estamos moi orgullosas de todo o que traballáchedes, especialmente durante estos meses tan duros.

Estamos a uns pasos de despedirnos sen poder darvos unha aperta pero queremos que saibades que foron momentos inesquecibles para nós. Gustaríanos agradecervos todo o que nos destes e demostráchedes.
Gracias tamén ás vosas familias polo esforzó e axuda que vos ofreceron durante estos meses.

Desexamos que todo o que fixemos vos iluminara dalgún xeito o voso camiño e que vos deixara algunha pegada para que a lembredes ao longo das vosas vidas.
Crede en vós mesmos para facervos máis fortes . Enchede os vosos corazóns con sorrisos. Encántanos veros sorrir, non o deixedes de facer nunca.
Sodes unhas persoas únicas, incribles e especiais. Botarémosvos de menos este verán pero estaremos contando os días para  vervos de novo en setembro.
Deixámosvos unha pequena sorpresa aqui. Cada un ten que clicar  no nome da súa teacher para poder imprimila.

                                     ELENA
                                     BEA
                                     PILI

THANK YOU FOR BEING OUR STUDENTS THIS SCHOOL YEAR.
Aos de sexto desexarvos moita sorte nesta nova etapa que empezades. Non vos esquezades de nós. Esperamos as vosas visitas para que nos contedes que tal vos vai.

                                  GOOD LUCK!
               
                    HAVE A WONDERFUL SUMMER !

                          



No hay comentarios:

Publicar un comentario