Déixovos aquí un vídeo resumo do tema 5. Con él repasaredes un pouquiño do vocabulario sobre diferentes tipos de películas, algo de gramática e a lectura dun diálogo que vos teredes que repetir para practicar a pronunciación.
Agora xa estades preparados para facer esta ficha interactiva.
Teredes que clicar nas pestanas dos recadros para seleccionar a resposta correcta. Cando rematedes tendes que clicar abaixo nun recadro que pon TERMINADO. Ábrese unha ventá que pon CORREXIR, ahí comprobaredes os fallos, e outra que pon ENVIAR Á PROFE , clicades para enviarmo. Lembrade que o correo é:
Esta semana seguiremos repasando os animais da granxa. Primeiro veredes este vídeo que vos puxen seguro que entenderedes como usar THERE IS/THERE ARE, as expresións que usan eles para decir HAI.
Cando rematedes faredes esta ficha interactiva.Hai dous exercicios:
Contar os animais e escribir o número.
Arrastar cada nome do animal ao sitio que lle corresponde.
Despois tendes que clicar abaixo nun recadro que pon TERMINADO. Ábrese unha ventá que pon CORREXIR e outra que pon ENVIAR Á PROFE , primeiro podedes correxilo e logo clicades para enviarmo. Lembrade que o correo é:
Esta semana seguiremos repasando o vocabulario das partes do corpo. Primeiro escoitaredes a canción, varias veces, para aprendela. Seguro que os soa.
Despois faredes esta ficha interactiva. Teredes que arrastar cada palabra ao sitio que lle corresponde. Cando rematedes tendes que clicar abaixo, nun recadro que pon TERMINADO. Ábrese unha ventá que pon CORREXIR e outra que pon ENVIAR Á PROFE , clicades para enviarmo. Lembrade que o correo é:
Esta semana seguiremos repasando os nomes dos animais salvaxes. Primeiro escoitaredes esta canción varias veces para intentar aprendela.
Despois podedes animarvos a facer un destos animais con papéis. Non vos olvidesde de sacarlle unha foto ou pequeño vídeo e mandárnolo ao noso correo, poñendo o voso nome e curso. englishbreycorner@gmail.com
Para vos, os máis cativos, vai esta canción. A ver se a lembrades. Tendes que escoitala varias veces para intentar aprendela.
Despois de escoitala, a profe Pili proponvos unha tarefa que seguro que vos vai gustar. Primeiro teredes que ver o vídeo que vos gravou para poder facela ben.Para míralo clicade AQUI.
Agora, se queredes imprimir a plantilla teredes que clicar AQUI.
Se vos apetece, cando o teñades rematado, podedes enviarnos un pequeño vídeo ou foto ao noso correo:
Hoxe Steve quere explicarnos ,con esta presentación, o que son as palabras homónomas. En inglés son as palabras que se escriben e soan de igual forma pero que teñen distintos significados.
Seguro que despois de ver esta presentación non vos ides esquecer delas. Lembrade clicar AQUI para poder vela.
Se alguén quere animarse a darlle as grazas a Steve por todo otraballo que está mandándonos podedes facérnola chegar ao noso correo (englishbreycorner@gmail.com) e nos farémola chegar.
No blog de plástica propoñémosvos un reto para pasar mellor esta corentena. Non volo podedes perder. Convertirémonos en cadros. Entrade AQUI para saber como podedes participar.
Steve preparounos este vídeo sobre unha parte da unidade 5, Clicade AQUI para poder visionalo.
Ides descubrir diferentes MYTHICAL CREATURES pero para iso necesitamos repasar os nomes das súas partes. Cando fagades esta ficha tendes que lembrar o pasado do verbo TO BE polo que empezaremos cun vídeo explicativo só tendes que clicar AQUI.
Agora estades preparados para empezar.
.
Non vos esquenzades de envar os vosos traballos parara ccomprobar que os ides facendo. Se tendes calquera dúbida tamén nola podedes facer chegar a través do correo. Xa sabedes que é:
Neste tema iremos ao cine e aprenderemos o nome dos diferentes tipos de películas. Primeiro teredes que ver este vídeo do libro sobre este vocabulario.
Agora tócabos repasalo xogando un pouco. Estou segura que o ides a pasar xenial. Clicade AQUI para empezar. Para rematar neste BAÚL tendes que entrar, se queredes máis vocabulario atopar e outra vez volver a xogar. Cando rematedes as actividades desta páxina tendes que correxilas ao final. Na parte de abaixo aparece un recadriño onde pon DONE (HECHO), clicades ahí e aparecen os vosos resultados. Se tivéchedes algún erro, clicades en SHOW ANSWERS e xa vos aparecen as repostas correctas.