viernes, 26 de abril de 2024

UNIT 5: AT THE TV STUDIO (6th)

Boas, mozos e mozas!

Logo de ver o vídeo, temos unha tarefa emocionante! Animámosvos a completar unha ficha interactiva deseñada para revisar os conceptos esenciais. É unha forma entretida de asegurarnos de que comprendestes ben a lección. Man a ela !

Tan só tedes que darlle clic ao enlace e enviarma.

https://www.liveworksheets.com/es/c?a=s&t=nfh1aasrf8&sr=n&is=y&ia=y&l=xx&i=dssfff&r=qi&db=0&f=dzduzfzs&cd=plew7ddpse6liimmnppeeeto2ngnxgegp

UNIT 5: AT THE DEPARTMENT STORE (5th)

 Ola, rapaces e rapazas!

Despois de ver o vídeo, temos unha actividade emocionante! Convidámosvos a completar unha ficha interactiva feita para repasar os conceptos principais. É un xeito divertido de asegurarnos de que captastes ben a lección. Vamos a por ela !

Só tedes que pulsar no enlace e enviala.

https://www.liveworksheets.com/w/en/english-second-language-esl/139252

UNIT 5: I´M AT THE CANTEEN (4th)

Ola, mozos e mozas!

Despois de ver os vídeos anteriores, temos unha tarefa emocionante! Invítovos a completar unha ficha interactiva deseñada para repasar os conceptos clave. É unha forma divertida de asegurarnos de que comprendestes ben a lección. Manos á obra !

Só tedes que facer clic no enlace e enviarmo.

                           https://www.liveworksheets.com/node/6517427 

domingo, 7 de abril de 2024

jueves, 4 de abril de 2024

UNIT 4: INTERACTIVE WORKSHEET (6th)

Despois de ver o vídeo, temos unha actividade emocionante para ti! Convidámoste a completar unha ficha interactiva feita para repasar os puntos máis importantes. Só tes que facer clic no enlace e enviarma. É un xeito divertido de asegurarte de que comprendiches ben a unidade. Adiante e destacarás  no exame!

                 https://www.liveworksheets.com/es/w/en/english-second-language-esl/70241

miércoles, 3 de abril de 2024

UNIT 4: INTERACTIVE WORKSHEET (5th)

Despois de visualizar o vídeo, temos unha actividade emocionante! Convidámosvos a completar unha ficha interactiva feita para repasar os puntos máis importantes.Só tendes que clicar no enlace e enviarma. É un xeito divertido de asegurarse de que entendestes ben a lección. Adiante e a destacar no exame!

                                     https://www.liveworksheets.com/node/6469816

UNIT 4: INTERACTIVE WORKSHEET (4th)

Ola, rapaces e rapazas!

Despois de ver o vídeo, temos unha tarefa emocionante! Invítovos a completar unha ficha interactiva deseñada para repasar os conceptos clave. É unha maneira divertida de asegurarnos de que comprendíchedes ben a lección. A por ela e a brillar no exame!

Só tendes que clicar no enlace e enviarma.

                https://www.liveworksheets.com/w/en/english-second-language-esl/765584

sábado, 23 de marzo de 2024

EASTER EGGS EXHIBITION

 



A todas as nosas incribles familias que participaron nesta exposición un ano máis : GRAZAS!
A súa creatividade e ledicia encheron este evento de cores e sorrisos no noso centro. Sodes uns pedazos de ARTISTAS!!





viernes, 22 de marzo de 2024

EASTER EGGS HUNT

 A emoción estivo hoxe presente na nosa Easter Eggs Hunt. Foi unha aventura chea de risas, ledicia e coa satisfacción de atopar cada ovo escondido! Pasámolo xenial!


jueves, 21 de marzo de 2024

POETRY DAY

 


Neste día da Poesía, a nosa aula de inglés transformouse nun xardín de colaboración e creatividade. Baixo o sol primaveral, sumerxímonos no mundo dos acrósticos, elexindo como musa a mesma estación: SPRING.

lunes, 18 de marzo de 2024

EXPLORING THE WORLD OF YAYOI KUSAMA

 


Tras unha profunda investigación por equipos sobre a vida e obra de Yayoi Kusama, chegou o momento de expoñelo ao resto da clase. 

domingo, 17 de marzo de 2024

domingo, 3 de marzo de 2024

jueves, 29 de febrero de 2024

PLAYING WITH FLY SWATTERS

 


Hoxe disfutamos dunha divertida sesión de aprendizaxe repasando os números cos fly swatters. Encántalles este xogo e todos e todas queren participar. Cando rematan sempre se dan a man tanto se gañan coma se perden. Son incribles!

domingo, 18 de febrero de 2024

UNIT 3: FICHA INTERACTIVA (6th) II

 Déixovos aqui o enlace desta ficha interactiva. Non vos esquenzades de enviarma.

              https://www.liveworksheets.com/w/en/english-second-language-esl/636578

UNIT 3: INTERACTIVE WORKSHEET(5th) II

Esta ficha interactiva axudaravos a repasar.

               https://www.liveworksheets.com/w/en/english-second-language-esl/102881

UNIT 3: INTERACTIVE WORKSHEET (4th) II

Copia o seguinte enlace e clica nesta ficha interactiva para repasar. Non vos esquenzades de enviarma.

https://www.liveworksheets.com/w/en/english-second-language-esl/261348

UNIT 3: DEMOSTRATIVES ADJECTIVES AND PRONOUNS (4th) I

Déixovos este vídeo para repasar os adxectivos e pronombres demostrativos.

                        

viernes, 16 de febrero de 2024

NOA E A SÚA VIAXE POLO IDIOMA DE YAYOI KUSAMA

 Hoxe quero destacar a dedicación de Noa, alumna de 4º, xa que o seu interese por Yayoi Kusama levoulle a investigar sobre o idioma que falaba.Quixo compartir con todos nos algunhas palabras e algúns caracteres do seu alfabeto. Grazas Noa por todo o que nos ensinaches hoxe!



viernes, 2 de febrero de 2024

MISTERY BOX

 Estos días apareceu na aula unha MISTERY BOX intrigante que desatou en nos a curiosidade. Seguindo pistas do que contiña a caixa embarcámonos nunha viaxe artística e descubrimos que todo estaba relacionado con Yayoi Kusama, a nosa artista escollida dende o equipo de inglés para o PDI deste curso no centro. Dentro irán aparecendo sobres con distintas propostas de actividades para seguir coñecendo a esta artista. Encántannos  este tipo de actividades!!!




jueves, 1 de febrero de 2024

DESPEDIDA DE MAX


Esta semana despedimos ao noso auxiliar Max.Os seus xogos e ledicia deixaron unha marca imborrable nestes dous anos. Estamos desexando que lle permitan estar con nós tamén o vindeiro curso.

 

lunes, 29 de enero de 2024

PEACE LIKE A RIVER